Esta mañá, o arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto Fernández, mantivo un encontro co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, nas oficinas da Curia diocesana. Nesta reunión abordáronse importantes temas relacionados coa conservación do patrimonio e as propostas para fortalecer a presenza do galego na Igrexa.
Estiveron presentes a directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez; o ecónomo diocesano, Fernando Barros; e o delegado diocesano de Patromonio, Pablo Carou.