Comunicado do Arcebispado de Santiago de Compostela sobre as accións solidarias cos afectados polas consecuencias da DINA

A Conferencia Episcopal Española anunciou a realización de dúas accións en apoio aos damnificados polas devastadoras consecuencias da DINA en Valencia, así como noutras rexións de España como Albacete, Cuenca, Cataluña e Andalucía.

O vindeiro martes 19 de novembro, todos os bispos españois reuniranse na catedral da Almudena de Madrid para celebrar unha Eucaristía como mostra de apoio espiritual. Este acto ten como obxectivo ofrecer “a esperanza en Xesucristo Resucitado”, considerada a resposta máis profunda que a Igrexa pode brindar.

O domingo 24 de novembro, coincidindo coa festividade de Cristo Rei, levará a cabo unha colecta extraordinaria en todas as eucaristías celebradas en España. Os fondos recadados serán destinados aos afectados por esta catástrofe.

O Arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, roga a todos os sacerdotes, especialmente aos párrocos, a sumarse a estas iniciativas. Neste sentido, solicitou que celebren unha Eucaristía en memoria das vítimas da DINA na mesma data, ou nunha próxima, e que participen na colecta extraordinaria prevista para o domingo 24 de novembro.

Así mesmo, lembrou manter o calendario de colectas diocesano, realizando a colecta da Igrexa diocesana o vindeiro domingo, 10 de novembro.

Pódese colaborar a través das contas de Cáritas Diocesana de Santiago e Bizum indicando no concepto INUNDACIÓN VALENCIA:

  • Sabadell ES21 0081 2130 4300 0103 7210
  • Abanca ES18 2080 0319 6030 4000 8096
  • Banco Santander ES44 0049 2584 9210 1001 7670
  • BIZUM 38188
Previous articleEncontro do Arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos
Next articleDID | Primeiro anuncio para renovar a Igrexa