O arcebispo de Santiago visita Cerceda nunha xornada pastoral e institucional.

Este xoves, 17 de outubro, o arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco Prieto, levou a cabo unha visita institucional a Cerceda. A xornada comezou cunha oración na Igrexa de Queixas e unha visita ao panteón, na que participaron o párroco de Queixas, Albino Verdía, e fregueses da comunidade parroquial.

A continuación, Mons. Prieto dirixiuse ao Concello de Cerceda para un encontro co alcalde, Juan Manuel Rodríguez García, e toda a corporación municipal, onde asinou no libro de actas.

A visita continuou cunha entrevista no programa “A Igrexa non mundo” de Radio Cerceda. Máis tarde, Mons. Prieto participou nun faladoiro televisivo xunto ao alcalde e o párroco de Queixas.

Finalmente, a xornada concluíu cunha visita ao fogar residencial, onde o arcebispo puido coñecer de primeira man as instalacións e o traballo realizado en beneficio da comunidade.

Previous articleBoletín oficial de xuño-xullo (2024)
Next articleInauguración do Centro de Atención Social Continuada San Roque de Cáritas en Pontevedra