Inauguración do Centro de Atención Social Continuada San Roque de Cáritas en Pontevedra

Este venres, 18 de outubro, Cáritas Interparroquial de Pontevedra inaugurou o Centro de Atención Social Continuada San Roque, situado na rúa Joaquín Costa. Este novo centro foi deseñado para ofrecer asistencia diúrna a persoas en situación de sen fogar, complementando así os servizos nocturnos do albergue San Javier.

A cerimonia de inauguración foi presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco Prieto Fernández. Durante a súa intervención, o prelado destacou a importancia de xerar unha contorna acolledora e subliñou o compromiso de Cáritas coa súa misión evanxélica e eclesial: “Que atopen un fogar máis aló do espazo protexido da choiva, é dicir, a calor daqueles que os queren ben (…) O agarimo como propio da acollida e calor cristián que identifica o servizo da caridade desde Xesucristo.

 

Previous articleO arcebispo de Santiago visita Cerceda nunha xornada pastoral e institucional.
Next articleA Arquidiocese de Santiago nas Xornadas de Delegados e Capeláns de Pastoral Penitenciaria