O arcebispo de Santiago bendí un local de Cáritas en Pontedeume

Hoxe venres, 9 de xuño, inaugurouse o economato de Cáritas UPA de Pontedeume, en Laraxe, concello de Cabanas. Foi bendicido por monseñor Francisco José Prieto Fernández, arcebispo de Santiago de Compostela. Tamén estivo presente Anuncio Mouriño, director de Cáritas diocesana de Compostela, o párroco Benjamín Sevillano, representantes municipais dos concellos de Pontedeume e Cabanas, empresarios e voluntarios de Cáritas desta unidade pastoral e da veciña, Cáritas de Fene.

Tamén se fixo unha homenaxe a dous dos voluntarios de máis antigüidade da UPA de Pontedeume, Miguel e Pepe.

 

Previous articleMons. Prieto confirma un grupo de mocidade en Ares
Next articleO albergue “San Xavier” de Pontevedra unha referencia de axuda a persoas en situación de risco e exclusión