O Consello Diocesano de Pastoral prepara o Ano Santo 2027 como unha oportunidad para crecer en unidade e compartir a fe

O Consello Diocesano de Pastoral de Santiago reuniuse este sábado, 24 de outubro, no Salón Peregrino da Hospedería de San Martiño Pinario, nunha sesión presidida polo arcebispo, monseñor Francisco José Prieto Fernández. A aplicación do proceso sinodal, a constitución de consellos pastorais nos arciprestados e a preparación do Ano Santo Compostelán 2027 centraron unha xornada que abordou tamén a próxima Asemblea Diocesana de Pastoral.
Participaron o vicario xeneral, José Andrés Fernández Farto; o vigairo de Pastoral, Javier Porro; vigairos territoriais e representantes de arciprestados, delegacións, movementos, congregacións relixiosas e laicos.

Unha fe que sae ao encontro.

O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, abriu as intervencións da xornada cunha reflexión sobre o Plan Pastoral 2026-2029. A partir do seu lema, «Saíu o sementador a sementar a súa semente», lembrou que anunciar o Evanxeo esixe achegarse á vida cotiá das parroquias, os pobos, os barrios e as familias. Unha tarefa que supón acompañar a quen participa nas comunidades e saír ao encontro de quen se afaste ou aínda non descubriron a fe.

O arcebispo recoñeceu as dificultades desa tarefa: os problemas para transmitir a fe, a escaseza de vocacións, o envellecemento de moitas parroquias e o cansazo de quen sostén a súa actividade. Xunto a elas, sinalou tamén a dispoñibilidade para servir, as procuras sinceras e os pequenos signos de renovación que merecen ser recoñecidos e acompañados.

«Avaliar o camiño percorrido pide unha mirada crente», afirmou o arcebispo. Neste sentido, destacou que esa avaliación supón preguntarse se as comunidades axudan a atoparse con Xesucristo, acompañan a quen atravesa dificultades, acollen a quen chega por primeira vez e organízanse ao servizo da misión.

Escoitar para camiñar xuntos.

O arcebispo defendeu unha Igrexa na que sacerdotes, persoas consagradas e laicos compartan responsabilidades, desde a chamada que todos reciben no bautismo. Cada vocación, sinalou, ten algo propio que achegar e enriquécese coas demais. Esa é tamén a razón de ser do Consello Diocesano de Pastoral: levar as preocupacións e esperanzas das comunidades á reflexión sobre o rumbo da diocese.

«Necesito escoitarvos», afirmou ante os membros do Consello, a quen expresou a súa vontade de contar coas súas achegas e a súa experiencia para guiar a diocese. Escoitar, explicou, esixe dedicar tempo ao outro, intentar comprendelo e recoñecer que unha mirada distinta pode axudar a entender mellor a realidade. «A confianza para falar e a disposición para escoitar» son, subliñou, as condicións para que este órgano contribúa de verdade á vida diocesana.

A oración e a Palabra de Deus, engadiu, deben orientar ese discernimiento: axudar a recoñecer que decisións necesitan tempo, que iniciativas convén revisar e que pasos poden darse xa. O arcebispo animou a trasladar esta forma de traballar aos consellos pastorais, os equipos parroquiais, as unidades pastorais e os arciprestados, para preparar xuntos as actividades e valorar despois como se desenvolveron.

Insistiu tamén en manter un vínculo próximo entre o Consello e as comunidades ás que representa: unha relación de ida e volta que permita levar as súas experiencias e preocupacións á reflexión diocesana e compartir con elas as propostas que xurdan dese traballo.

O Ano Santo empeza nas comunidades.

O Ano Santo Compostelán 2027 ocupou o segundo gran eixo das palabras do arcebispo. A partir da experiencia dos Magos recollida na súa carta pastoral, «Ao ver a estrela enchéronse de inmensa alegría», invitou a renovar a alegría de crer, de saberse amados por Deus e de compartir a fe.

Mons. Prieto tivo presentes tanto aos cristiáns que perseveran en silencio e senten o peso do desánimo como a quen se pregunta que pode achegar a fe á súa vida. Para uns e outros, presentou o Xubileu como unha ocasión para achegarse e volver a Xesucristo, en quen atopar perdón, esperanza e unha alegría capaz de soster tamén nas dificultades.

«Desexo que este ano Santo se viva e se celebre nas comunidades de toda a nosa Arquidiocese», expresou. Destacou que a Catedral e a peregrinación á tumba do Apóstolo serán lugares de encontro e de comuñón, pero o seu froito dependerá tamén da preparación nas parroquias e da continuidade que atope despois nelas.

Abrir as portas, coidar as persoas.

O arcebispo lembrou que Santiago ten unha responsabilidade especial na acollida dos peregrinos. Neste sentido, lembrou que algúns chegarán cunha fe viva, mentres que outros traerán preguntas, feridas ou inquietudes que aínda non saben expresar. Por iso, destacou que unha igrexa aberta, unha celebración coidada ou alguén disposto a escoitar poden deixar unha pegada profunda nas súas vidas. Engadiu que as comunidades teñen tamén moito que aprender do testemuño e do xeito de percorrer o Camiño de quen chega a Santiago.

A hospitalidade, engadiu, debe alcanzar igualmente a quen vive preto: persoas soas, familias que pasan necesidades ou quen necesita recompoñer unha relación rota. Por iso, propuxo que cada parroquia ou comunidade discierna un compromiso de caridade vinculado á súa realidade e que poida soster no tempo.

Mons. Prieto vinculou a preparación do Ano Santo cunha maior corresponsabilidade  na vida da Igexa. «Preparar o Xubileu xuntos pode axudarnos a crecer en corresponsabilidade», afirmou, antes de animar contado con quen xa colaboran e a abrir espazo ás achegas de mozas, familias, persoas consagradas, movementos e delegacións.

Finalmente, lembrou que o Ano Santo forma parte do Plan Pastoral e invitou a pensar no que debería permanecer despois: unha participación máis consciente nas comunidades, unha acollida máis próxima e unha maior disposición para compartir a fe.

Compartir a tarefa pastoral.

A sesión de traballo, coordinada polo vigairo de Pastoral, Javier Porro, repasou algunhas das iniciativas en marcha na diocese. O vicario xeneral, José Andrés Fernández Farto, explicou os avances na elaboración e revisión de documentos que orientan a atención pastoral. Destacou, ademais, a importancia de dedicar recursos e esforzos á iniciación cristiá, para acompañar a nenos, adolescentes e adultos no seu achegamento á fe e a súa integración na vida da comunidade.

Tamén se compartiu a experiencia do Seminario Maior Interdiocesano como expresión de colaboración entre diocese, con especial atención á formación humana e á vida comunitaria dos futuros sacerdotes.

En relación co proceso sinodal, presentouse o traballo previsto para recoller experiencias das comunidades e elaborar unha memoria dos pasos dados. A reflexión puxo o acento en coñecer e aplicar as orientacións do Sínodo mediante prácticas concretas de participación, transparencia, acollida e coordinación pastoral.

Un dos debates máis amplos virou ao redor do borrador de estatutos dos consellos pastorais arciprestales, concibidos como un vínculo entre as parroquias, as distintas realidades eclesiais do territorio e o Consello Diocesano. Entre os seus obxectivos figuran coñecer as necesidades de cada zona, compartir recursos, concretar o Plan Pastoral e facilitar o traballo coas delegacións.

Os participantes achegaron observacións sobre a representación das comunidades, a elección e o compromiso dos membros, a duración dos nomeamentos e a necesidade de evitar unha sobrecarga de reunións.

14 de novembro: unha Asemblea para avanzar xuntos.

A xornada abordou tamén a organización da Asemblea Diocesana de Pastoral do sábado 14 de novembro, no Colexio La Salle de Santiago. O encontro profundará na aplicación das orientacións sinodais, os consellos pastorais arciprestales e a presentación do novo Directorio diocesano para a pastoral de Iniciación e Revitalización da Fe e a Vida Cristiá. A preparación do Ano Santo e a construción de comunidades fraternas e acolledoras, con atención ás persoas migrantes, completarán os seus contidos.

A acollida comezará ás 9.30 horas e a xornada concluirá cunha eucaristía presidida polo arcebispo, ás 17.00 horas, na igrexa de San Agustín. Están invitados sacerdotes, diáconos, relixiosos, persoas consagradas e laicos implicados na pastoral. As inscricións deberán realizarse antes do luns 9 de novembro, preferentemente a través dos arciprestes e vicearciprestes, mediante o correo vicariapastoral@archicompostela.org o el formulario de la Asamblea.

Previous articleO arcebispo invita o profesorado de Relixión a contribuír á formación integral do alumnado desde o diálogo entre a fe, a cultura e os demais saberes
Next article"Amar é escoitar, amar é comprender": a mensax do arcebispo á mocidade de Life Teen en Santiago