Este domingo 3 de maio, ás 12.00 horas, a parroquia de Santo Antonio de Fontiñas celebrou o sacramento da Confirmación no marco dunha solemne Eucaristía presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández.
Á celebración uníronse tamén fieis da parroquia de San Pedro, integrándose na comunidade de Santo Antonio de Fontiñas para participar neste acontecemento.
Durante a cerimonia, o prelado administrou o sacramento a un grupo de mocidade que culminaban o seu itinerario catequético, recibindo o don do Espírito Santo nun momento clave da súa vida de fe.
A Eucaristía contou coa participación do párroco e unha ampla presenza de familiares, padriños, catequistas e membros da comunidade parroquial, que acompañaron os confirmandos neste paso significativo do seu camiño cristián.
Na súa homilía, o arcebispo dirixiuse de xeito especial á mocidade, animándoos a vivir con coherencia a súa fe e a asumir un compromiso activo tanto na Igrexa como na sociedade.












