A parroquia de San Lourenzo de Nogueiras, no concello de Meis, acolleu este sábado ás 19:00 horas a celebración do sacramento da Confirmación, nunha misa presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, e concelebrada polo párroco local, José Antonio Souto Míguez.
Un grupo de mocidade recibiron a Confirmación nunha emotiva cerimonia marcada pola participación activa da comunidade e unha mensaxe do arcebispo centrado na fe madura e o compromiso cristián. “Non é un final, senón un comezo”, destacou durante a homilía.
Monseñor Prieto tamén se trasladou á próxima parroquia de San Vicente de Nogueiras para bendicir unha imaxe de san Xoán Paulo II.













