Confirmacións en Vilanova

O sábado 9 de maio, ás 20.00 horas, a parroquia de Vilanova acolleu a celebración do sacramento da Confirmación, nunha Eucaristía presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández.
A mocidade que recibiron a Confirmación culminaron así a súa etapa de preparación catequética, acompañados polas súas familias, padriños, catequistas e numerosos fieis das parroquias da zona.
Durante a súa homilía, o arcebispo lembrou aos confirmandos que o sacramento é ante todo unha mostra do amor de Dios e unha chamada a vivir a fe con autenticidade, esperanza e compromiso. Monseñor Prieto Fernández animou a mocidade para deixarse guiar polo Espírito Santo nas súas decisións e proxectos de vida, sendo testemuñas do Evanxeo desde a proximidade, o respecto e a verdade.
A celebración contou tamén coa participación do párroco e de distintos membros da comunidade parroquial, que acompañaron aos confirmandos neste día tan significativo para a súa vida cristiá.
Previous articleAgenda oficial do Papa na súa Viaxe a España
Next articleCreación da Coordinadora diocesana de Primeiro Anuncio