Cáritas Diocesana de Santiago puxo en funcionamento a súa nova web corporativa: www.caritasdiocesanasantiago.org. Esta nova plataforma dixital supón un paso adiante na mellora das ferramentas de comunicación, información e documentación de Cáritas na diocese de Santiago, tanto para o traballo interno como para a súa relación coa sociedade.
A web nace coa vocación de converterse nun espazo de referencia corporativa máis claro, accesible e aliñado coa identidade común de Cáritas Diocesana de Santiago, integrando de maneira ordenada a acción social, a actualidade, as campañas, os recursos e a información institucional.
Un dos obxectivos estratéxicos do novo portal é reforzar o peso corporativo das Cáritas interparroquiais e parroquiais, favorecendo unha imaxe común, coherente e recoñecible en toda a organización, e avanzando cara a un ecosistema dixital compartido.
Ademais, a nova web incorpora a subscrición á newsletter corporativa, dispoñible na parte inferior da portada, que se consolida como unha canle clave para manterse informado da actividade, as novidades e as campañas de Cáritas Diocesana de Santiago.
Para a directora de Cáritas Diocesana de Santiago, Pilar Farjas, “queremos poñer esta nova ferramenta ao servizo da nosa misión para que nos axude a estar máis preto de quen nos necesita, reforzando unha identidade común en toda a diocese que facilite o acceso á información tanto ás persoas voluntarias como á cidadanía”.
E engadín que “estamos convencidos de que será un espazo vivo, útil e próximo, que axude a entender a realidade social que acompañamos cada día e fortaleza a relación coa sociedade”.
Este lanzamento súmase ao traballo desenvolvido en redes sociais, que forman parte esencial da estratexia de comunicación de Cáritas Diocesana de Santiago.
Pódense seguir picando nos seguintes perfís:
Con esta nova web e o reforzo das súas canles dixitales, Cáritas Diocesana de Santiago avanza hacia una comunicación máis coordinada, profesional e ao servizo da súa misión social.












