Cáritas de Santiago favorece a inserción laboral de 586 persoas o pasado ano, case un 11 % máis que o exercicio anterior

  • Foron atendidas no programa de Emprego 1.621 persoas, das que o 57 % eran novas usuarias
  • Arredor de 60 persoas reciben o seu diploma logo de facer o correspondente curso de formación

O programa de Emprego e Inmigración de Cáritas Diocesana de Santiago favoreceu a inserción laboral de 586 persoas durante o ano pasado (2024), fronte ás 529 do exercicio anterior (2023), o que supón un 10,77 % máis. No seu conxunto foron atendidas no mencionado programa 1.621 persoas, das que 921 eran novas usuarias, o 57 %. E desas 1.621 –nas que están incluídas as insercións laborais–, o 69 % son mulleres e o resto, homes.

“Salientamos como novidades a realización dunha iniciativa formativa para persoas en situación de irregularidade administrativa, así como o Programa de Arraigo por Formación, conveniado coa Xunta de Galicia, que supuxo implementar accións específicas adaptadas a cada persoa. A nosa experiencia acredita que a vulnerabilidade ten rostro de muller migrante”, segundo afirma a entidade da Igrexa católica.

O balance anual de 2024 debúllase da seguinte forma:

1.621 persoas atendidas (921 novas, o 57 %):

  • 1.116 mulleres, o 69 %
  • 505 homes, o 31 %

543 persoas participantes en accións formativas:

  •  285 en talleres
  • 171 en varios
  • 87 en inclusión social

A formación inclúe un amplo abano de oficios e habilidades: limpeza, hostelería, comercio, almacén, axuda a domicilio, atención a clientela… pero tamén lingua e cultura galegas, informática básica, entrevistas de traballo, coidados na infancia, etcétera.

 

Son datos que acompañan o acto de entrega de 60 diplomas, aproximadamente, ás persoas que superaron a formación, que se celebra esta mañá na Hospedería de San Martiño Pinario, coa asistencia do arcebispo de Santiago, Francisco Prieto; a directora de Cáritas Diocesana, Pilar Farjas; o director de Cáritas Interparroquial, Carlos Juiz; e o conselleiro de Emprego, Comercio e e Emigración, José González.

Previous articleRomán Pardo Manrique reflexiona sobre Evangelium Vitae e os desafíos contemporáneos en defensa da vida
Next articleMons. Francisco Prieto destaca o Jubileo como encontro con Cristo en Ponferrada