A Igrexa Diocesana de Santiago de Compostela aumenta un 15% o seu gastos en actividades pastorais e en conservación de edificios            

  • O arcebispo, monseñor Julián Barrio, presidiu o Consello de Asuntos Económicos da Diocese de Santiago de Compostela.
  • A dotación presupostaria ascende a 19,9 millóns para o ano 2023.
Na mañá do xoves 26 de xaneiro, o arcebispo mons. Julián Barrio, acompañado do seu bispo auxiliar mons. Francisco Prieto, presidiu o Consello de Asuntos Económicos da Diocese. Un organismo diocesano que está formado por sacerdotes e laicos cualificados, expertos en materia económica e en dereito civil, e de probada integridade. Compete a este Consello (segundo indica o c 493 do CIC) elaborar cada ano o orzamento de ingresos e gastos para todo o réxime da diocese no ano entrante, así como aprobar as contas de ingresos e gastos a fin de ano.
Nun exercicio de transparencia, a Igrexa Diocesana en Santiago de Compostela fixo público o seu orzamento, nun escenario que o ecónomo diocesano, Fernando Barros, considera cun resultado bastante axustado: “Un orzamento, o de 2023, que se mantén en cifras similares ao orzamento aprobado inicialmente para 2022 supoñendo unha incremento do 0,05 % sobre o total xeral e que aínda non recupera a situación de antes da pandemia”.
O máis significativo do balance económico é o incremento do 14,96% dos gatos dedicados ás accións pastorais, do 9,00% en achegas a Centros de Formación, e un incremento do 15,09% en conservación de edificios e gastos de funcionamento.
Con respecto aos ingresos, cabe destacar a redución do 7,99% das achegas dos fieis, aínda que nas colectas prevese unha mellora do 20,34%.
A análise do 2022 e a organización de novas iniciativas para o 2023, foron temas que estiveron sobre a mesa, ademais da valoración sumamente satisfactoria do Portal de Transparencia (www.archicompostela.es/portal-de-transparencia).

 

Previous articleO arcebispo de Santiago de Compostela preside a Eucaristía para a Vida Consagrada
Next articlePresentación do estudo “Percepcións e espiritualidade no Camiño de Santiago: unha análise baseada en enquisas e redes sociais”