O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, acompañado de diocesanos dos diversos ámbitos -directivos de colexios, docentes, responsables de pastoral e responsables das distintas delegacións- participaron no Congreso Igrexa e Educación, que se celebrou en Madrid este sábado 24 de febreiro.
A esta sesión final chégase despois dun proceso de traballo que se iniciou o 2 de outubro en Barcelona, onde arrincou a fase previa. Unha fase que se envorcou en potenciar a participación e a reflexión conxunta de toda a comunidade educativa.
Durante este tempo, desenvolvéronse nove paneis de experiencias que permitiron presentar 78 proxectos que se desenvolven en distintos ámbitos educativos. Ademais, a páxina web do Congreso estivo aberta para recibir as experiencias e reflexións de toda a comunidade educativa.













