O martes 17 de outubro, a Arquidiocese de Santiago de Compostela únese ao chamamento que fai o Patriarca latino de Xerusalén e presidente da Asemblea dos Ordinarios Católicos de Terra Santa, Pierbattista Card. Pizzaballa.
Na súa mensaxe, convida a todas as parroquias e comunidades relixiosas de todo o mundo a unha Xornada de xaxún e oración pola Paz e reconciliación en Terra Santa para o martes 17 de outubro.
Segundo indica a misiva, os momentos de oración deben organizarse coa Adoración eucarística e co Rosario á Santísima Virxe.
Secundando, pois, a petición do Patriarca latino de Xerusalén, convídovos a comunicar aos fieis -nas Eucaristías desta fin de semana- o contido da súa carta, de modo que todos nos unamos o martes 17 de outubro á súa petición de oración e xaxún. Así mesmo, pedimos que ese día -se ofrezan as misas- na medida do posible pola Paz en Terra Santa e organícense momentos de oración pola mesma intención.
A participación pode ser en comunidade ou particular mediante a oración na parroquia, na casa, na familia… E o xaxún sérvenos para lembrar o sufrimento de miles de persoas en Terra Santa.
O Señor ensinounos que todo o que pedimos con fe se nos concederá. Pidamos de todo corazón, pola Paz en Terra Santa e noutros lugares do mundo onde hai conflitos.
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2023
Ilmo. Sr. D. José Andrés Fernández Farto
Vigairo Xeral da Arquidiocese de Santiago de Compostela