Xa se pode inscribir na Asemblea Diocesana de Catequistas, que se celebrará o próximo sábado 8 de marzo, no marco do Ano Xubilar, de aí o lema elixido: «Catequistas de Esperanza». Este tempo de graza é unha oportunidad especial para renovar a nosa misión catequética e fortalecer a nosa fe..
Programa:
10:15 | Benvida no Colexio da Compañía de María, con acceso polo lateral, rúa de As Trompas. – Un tempo para acollernos, compartir e dispoñernos para a xornada.
10:45 | Ponencia Inspiradora – Unha reflexión que nos axudará a afondar na nosa misión.
11:30 | Descanso – Momento para compartir, conversar e recargar forzas.
12:30 | «A arte de orar a esperanza» – Experiencia de oración no Mosteiro de San Paio.
14:00 | Xantar fraterno en San Martiño – Un espazo de convivencia para seguir compartindo vida e esperanza.
15:30/45 | Peregrinación da Esperanza – Camiño á tumba do Apóstolo (Catedral), vivindo a graza da confesión solemne da Fe e renovando a nosa esperanza.
16:30 | Eucaristía no Convento dos Carmelitas – No corazón da celebración, atopámonos con Cristo, fonte da nosa esperanza.
17:30 | Envío «Catequistas da Esperanza» – Un momento de graza e compromiso para seguir levando luz ao mundo.