O 16 de xullo celebrase o Día das xentes do mar, coincidindo coa festa da súa patrona, a Virxe do Carmen. María, guía e esperanza nosa é o lema deste ano, enmarcado no Xubileo 2025 proclamado polo papa Francisco.
Odepartamento «Stella maris» (Apostolado do Mar), dentro da Subcomisión Episcopal para as Migracións e a Movilidade humana, é o encargado de editar os materiais para esta Xornada.
Mensaxe do obispo promotor do Apostolado do Mar
Co lema María, guía e esperanza nosa o obispo promotor do Apostolado do Mar, Mons. Antonio Valín, obispo de Tui-Vigo, proclama con especial forza a súa mensaxe pra este día que María é a esperanza pra a xente do Mar.
Por iso, na mensaxe subliña que «vós, que coñecedes de cerca a incertidume das travesías, a forza das mareas e a fraxilidade da vida no mar, sabedes tamén o que significa confiar nunha presenza que acompaña, protexe e sostén. María, a Nai do Señor, foi dende sempre faro da noite, estrela que guía aos navegantes, consuelo na soledade e fortaleza nas dificultades, regazo tenro de amparo e compañía na distancia».
Neste sentido, na mensaxe recorda ao papa Francisco cando afirmaba que estamos chamados a «redescubrir a esperanza nos sinais dos tempos que o Señor nos ofrece» (SNC 7) e a «escrutar a fondo esos sinais e interpretalos a luz do Evanxelio» (GS 4). Tamén a ser nós «sinais tanxibles da esperanza».
O obispo promotor constata que hay moitos retos no mundo do mar, «que tantos vivides nel día a día, que tantas familias sofren, e que como Igrexa queremos vivir e acompañar: o problema da saúde mental dos traballadores do mar; a regulación e seguridade dos mariñeiros e pescadores; a mellora das embarcacións; a siniestralidade… Aquí nos toca levantar a voz, proféticamente, pra recuperar a persoa como centro de todo, buscando a súa dignidade personal, laboral e familiar, antes que calquera ganancia ou búsqueda exacerbada de productividade, e sair ao encontro das xentes do mar en todas as súas vertintes».
Ao mesmo tempo, apunta que «é urxente unha conversión ecolóxica pra coidar a casa común e enfrentarse aos retos que esta nos pide a toda a sociedade, traballando xuntos pra construir o ben común, e así ser signos tanxibles da esperanza».
Finalmente, a quenes traballan no mar, a sus familias, a quenes velan pola seguridade, e a todos cantos ofrecen apoio espiritual, social ou humano nos portos, o obispo promotor lles agradece todo o seu traballo. «Sodes sinais tanxibles da esperanza no medio da nosa Igrexa e do noso mundo», afirma.






