Eucaristía en memoria das vítimas da DINA na catedral da Almudena

O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, e os bispos españois  celebraron este martes 19 de novembro, ás 19.00hs, unha eucaristía na catedral da nosa Señora da Almudena en memoria das vítimas e de todos os afectados pola DINA que arrasou Valencia e o sueste español.

A eucaristía, preparada polo equipo de celebracións litúrxicas da Conferencia Episcopal Española (CEE), é o máis “radical que pode ofrecer a Igrexa, que é a esperanza en Xesucristo resucitado», como afirmou no seu anuncio o presidente da Conferencia Episcopal Española, Mons. Luis. J. Argüello.

Esta eucaristía, presidida por Mons. Enrique Benavent, arcebispo de Valencia, e concelebrada por 107 bispos españois, xunto co nuncio, enmárcase dentro da 126ª Asemblea Plenaria, que se está celebrando do 18 ao 22 de novembro, na sede da CEE, en Madrid.

Na pregaria eucarística, xunto ao arcebispo de Valencia, achegáronse ao altar Mons. Luis Argüello, presidente da CEE e arcebispo de Valladolid, e o cardeal José Cobo, vicepresidente da CEE e arcebispo de Madrid.

Outra das accións que tamén convocará a Igrexa será unha colecta, o domingo 24 de novembro, festa de Cristo Rei, en todas as eucaristías que se realicen en España en favor dos damnificados por esta catástrofe. Os bispos tamén dedicarán un tempo durante a Plenaria á situación xerada pola DINA.

Previous articleO arcebispo na Asemblea Plenaria da Conferencia Episcopal Española
Next articleVixilia da Inmaculada