A Comisión Permanente da Conferencia Episcopal Española celebra a súa 273.ª reunión os días 22 e 23 de xuño na sede da CEE, en Madrid. Entre os participantes atópase o arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, membro deste organismo.
A recente visita apostólica do papa León XIV a España, realizada do 6 ao 12 de xuño, centra boa parte dos traballos deste encontro. Os bispos analizarán e valorarán o desenvolvemento e alcance pastoral desta viaxe do Santo Padre.
Así mesmo, os membros da Comisión Permanente abordarán a recepción da exhortación apostólica Amoris Laetitia e coñecerán o informe sobre os delitos de odio en España durante 2025, elaborado pola Oficina de Liberdade Relixiosa. Tamén recibirán información sobre as Asembleas Diocesanas de avaliación da fase de posta en marcha do Sínodo.
Entre outros asuntos, a Comisión Permanente designará ao representante da Conferencia Episcopal Española para a organización do próximo Encontro de Bispos do Mediterráneo e aprobará o calendario de reunións para o próximo ano.
A orde do día complétase con diversos informes das Comisións Episcopais, asuntos de seguimento e económicos, así como co habitual capítulo de nomeamentos.












