A Delegación para o Laicado e Delegación para o Primeiro Anuncio organizan a Xornada diocesana en camiño ao Encontro nacional de laicos sobre o Primeiro Anuncio, que terá lugar na Casa de exercicios de Santiago de Compostela o vindeiro sábado 20 de xaneiro de 2024 de 10:00 a 13:30hs.
É unha Xornada aberta a participantes do congreso de laicos, membros de asociacións e movementos laicais, participantes en Edap e grupos sinodales, participantes do Encontro nacional do primeiro anuncio, e calquera laico, sacerdote, diácono ou membro da vida relixiosa interesado no primeiro anuncio.
Desde o Congreso de laicos de 2020 marcáronse catro itinerarios pastorais a ter en conta en nosa Iglesia: primeiro anuncio, acompañamento, procesos formativos e presenza na vida pública.
Neste bienio 23-24 está a focalizarse a actividade pastoral no primeiro anuncio, sendo un fito dentro deste camiño o Encontro nacional de laicos sobre o primeiro anuncio, que terá lugar en Madrid, do 16 ao 18 de febreiro.
Por este motivo, desde a Comisión Episcopal de Laicos, Familia e Vida presentouse unha proposta de traballo para “poñer ao maior número de persoas das nosas dioceses, asociacións e movementos en sintonía co obxectivo que perseguimos: dar un impulso comunitario ao Primeiro Anuncio en todos os ámbitos de la Iglesia española”. Dita proposta é celebrar un Encontro en cada diocese para dialogar e discernir procesos, proxectos e accións concretas que debemos seguir dando con respecto ao Primeiro Anuncio.
Ese Encontro diocesano é a xornada do sábado 20 de xaneiro, que terá o seguinte desenvolvemento: tras a oración inicial, haberá unha breve comunicación sobre os trazos do primeiro anuncio, destacando que todos os bautizados estamos chamados ao mesmo.
Despois haberá un traballo por grupos para reflexionar sobre as implicacións do Primeiro Anuncio na pastoral (parroquias, movementos, dioceses). Tras unha pausa/café poñerase en común o dialogado e presentarase a Delegación para o Primeiro Anuncio.
Por último, haberá un envío oficial dos diocesanos que acudirán ao Encontro nacional de laicos sobre o primeiro anuncio.
Faise invitación a participar neste Encontro para coñecer máis de preto aquilo sobre o que o arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, resaltaba na súa Carta Pastoral de Advento de 2023: “En toda renovación eclesial, o primeiro anuncio ou kerygma debe ocupar o centro da actividade evanxelizadora.”

 

Previous articleMensaxe de Ano Novo do Arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco José Prieto Fernández
Next articleBoletín oficial de novembro-decembro (2023)