Vixilia da Inmaculada – Xornada Diocesana da Mocidade 2025. Este ano ten por lema: “Con María, sodes o agora de Deus” e celebrarase en Sanxenxo ol día 6 de decembro.
Don Francisco convoca neste día a Mocidade a partir de 14 anos feitos, acompañados dos seus párrocos, catequistas ou animadores para ter un encuentro con eles.
O horario do día será o seguinte:
11h Acollida.
11.45h Obradoiros
- Nunca solo
Descubrín canto se pode vivir e gozar en comunidade por iso son Newman. Os mozos da parroquia Virxe do Camiño de Pontevedra compartirán a importancia de vivir a fe cunha comunidade de mocidade. - Turismo e fe
- A igrexa ten unha oportunidade para evanxelizar en tempo de descanso e de vacacións, porque o Señor tamén vai de vacacións connosco: como darnos conta diso? Que facer? Axúdanos a descubrilo e achéganos a túa idea! Desde a delegación de pastoral do turismo acompañarémosvos nesta procura de respostas.
- Pascua Xoven de Arousa:encontro con Xesús e cos irmáns
- Se queres descubrir a paixón por Xesús e compartir con outros mozos a alegría da resurrección convidámoste a este obradoiro realizado polo Secretariado de Pascua Xoven.
- A túa vida, unha misión
- Desde a delegación de misións falarannos da aventura máis apaixonante. Todos estamos chamados a ser misioneiros nos nosos ambientes.
- A procesión vai por dentro
- Analizaremos o que é unha confraría, en que consiste unha procesión, e como vivir intensamente a relixiosidade popular. O P. Dani Custa, o maior experto español nestes temas acompañaranos nun obradoiro ameno e participativo.
- Para quen son eu?
- Rosalía non se disfrazou de monxa na portada do seu último disco. Pero si que nos lembra que todos estamos chamados a ser luz, todos estamos chamados por Deus a algo grande. Desde a delegación de vocacións axudarannos a atopar a vontade de Deus.
- A esperanza está posta nos mozos
- Un taller que convida a descubrir o papel esencial dos mozos na vida e misión de la Iglesia. Seguindo o método de LifeTeen, afondaremos en como a mensaxe do Evanxeo segue sendo plenamente actual e capaz de transformar o mundo cando é acollido con corazón novo.
- 13.30h Xantar (Hai que levar comida e merenda, aínda que teremos un pequeno posto para comprar refrescos e algo de merenda á tarde).
- 15.30h Magazine 18.00h
- Merenda
- 19.00h Festa do perdón
- 20.00h Procesión e Eucaristía presidida por don Francisco.
20.00h Procesión y Eucaristía presidida por don Francisco.












