Visita pastoral do arcebispo a Santa María de Añá, San Martiño de Ledoira e Santa Marina de Gafoi

O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco Prieto realizou hoxe sábado, 13 de xullo, unha visita pastoral a Santa María de Añá, San Martiño de Ledoira e Santa Mariña de Gafoi. Son tres comunidades rurais, do Concello de Frades e do arciprestado de Ordes e Barbeiros.

Mons. Prieto coñeceu estas comunidades pequenas pero humanamente moi ricas, acompañado do seu párroco, Jenaro Blanco, de varios sacerdotes e do Vigairo de Santiago, Juan González Redondo. No transcurso desta visita recibiron o sacramento da confirmación catro persoas mozas. A visita deixou unha gran satisfacción entre estas xentes da ribeira do alto Tambre.

En Santa María de Gafoi
Previous articleO arcebispo de Santiago, mons. Prieto, recibe os nenos e mozos scouts
Next articleConfirmacions en Arca