O próximo luns 30 de setembro (non lectivo no ITC), coincidiendo coa data da presentación do Seminario Maior Interdiocesano Santiago Apóstolo, procederase á inauguración do curso académico 2024/25 do ITC e do ISCCR.
O acto, que terá lugar na Aula Magna do I.T.C. ÁS 19:00 h., desenvolverase segundo a seguinte orde:
- Lectura da memoria do curso académico 2023/24 por parte do Secretario Xeral, Roberto Martínez Díaz.
- Lección inaugural: “Homo capax Dei, homo capax communionis. A fe cristiá como existencia eclesial”, a cargo de D. Ángel Carnicero Carrera (ITC).
- Intervencións do Director do ITC Ilmo. Prof. D. José Antonio Castro Lodeiro e do Director do ISCCR, Frei Miguel de la Mata Merayo.
- Intervención do Arcebispo de Santiago de Compostela, Excmo e Rvdmo. Sr. D. Francisco José Prieto González, Moderador da Xunta Patronal do ITC, tras a cal declarará inaugurado o novo curso.