Segundo día da JMJ de Lisboa

A chegada do papa Francisco a Lisboa marca hoxe a Xornada Mundial da Mocidade. Os mozos prepáranse para os actos centrais que presidirá o Santo Padre compartindo cos bispos un tempo de reflexión:  Rise Up, que se realizan en igrexas e outros espazos das tres dioceses Anfitrioas (Lisboa, Santarém e Setúbal).

Trátase dun novo modelo de catequese da Xornada Mundial da Mocidade que desafía os mozos para exporse grandes temas lanzados no pontificado do Papa Francisco: Ecoloxía Integral, Amizade Social e Misericordia.

Os bispos españois son os encargados de amenizar varias Rise Up de fala hispana. Neste tempo de reflexión, tamén se escoitan testemuños da mocidade, faise traballo en grupos a partir de preguntas sobre os temas que se abordan, e non falta a música.

A mocidade chega preparada a estes encontros, xa traballaron previamente nas súas dioceses durante os meses de abril, maio e xuño.

 

Previous articleComeza a JMJ de Lisboa
Next articleA JMJ de Lisboa: Rise Up de mons. Francisco Prieto