Na axenda deste xoves 3 de agosto: o primeiro encontro dos mozos co papa Francisco. A cerimonia de acollida foi ás 17. 45 horas no Parque Eduardo VII, que estes días se converteu no «Outeiro do encontro».
Tamén foi un momento para o encontro a Rise Up. Durante a mañá volveron encherse as igrexas e os espazos habilitados, próximos aos locais de acollida de peregrinos, para compartir testemuños, música e reflexionar xuntos a mocidade de distintos países, organizados en grupos por idiomas.
O arcebispo de Santiago de Compostela estivo na Parroquia de Cruz Crebada-Dafundo, no Parque de Santa Catarina cun grupo de mozos das Dioceses de Galicia e outros mozos de Nicaragua, México e Cuba. Despois da catequese, que se baseou no texto evanxélico das Vodas de Caná, houbo un traballo por grupos e unha posta en común.
A continuación celebrouse a Eucaristía, presidida polo propio arcebispo de Santiago. Na homilía pediu á mocidade que teñan sinxeleza de corazón manifestada no desexo de deixarse sorprender por Deus. E afirmou: “Deus conta contigo: bota as redes e provoca o encontro con El. Manteñamos o corazón novo, sinxelo, profundo. Non temamos: María ponse en camiño connosco cada día”.