Sen móbiles e sen reloxo, pero con moita alegría e ritmo, os días transcorren entre xogos, cantos e oracións. A visita de monseñor Prieto quedou inmortalizada nunha foto de familia, reflexo dun campamento que testemuña que convivir de maneira sinxela e afable uns con outros é posible; que unidos na celebración dominical da Eucaristía cos veciños de Cespón son, xuntos, o rostro dunha comunidade viva en Cristo.
Esta edición número 42 do campamento parroquial pon un broche de ouro ao curso con quince días que, como eles mesmos din, son “molones”, deixando pegada sen pisar a ninguén. A xornada co arcebispo queda xa institucionalizada como “a quedada con D. Francisco”, mentres se preparan para a acollida de familias o Día do Apóstolo e para todo o que resta ata o 31 de xullo, cando regresarán ás súas casas co corazón cheo de historias.












