Reunión do Consello de Presbiterio

A Casa de Exercicios de Santiago de Compostela acolleu hoxe venres unha nova reunión do Consello de Presbiterio, á que asistiron a case totalidade dos conselleiros, sacerdotes, representantes das institucións e dos arciprestados da Igrexa compostelá.
O encontro estivo presidido polo arcebispo mons. Julián Barrio, acompañado do bispo auxiliar e vigairo xeral mons. Francisco Prieto.
O Consello Presbiteral é unha das institucións que regula o ordenamento canónico con carácter obrigatorio (cc. 495-502 CIC), como órgano consultivo constituído por un grupo de sacerdotes que actúa como o senado do bispo, e cuxa misión é axudalo no goberno da diocese conforme ao dereito.

 

Previous articleBoletín oficial de xaneiro (2022)
Next articleTelegrama do Santo Padre ao arcebispo de Santiago de Compostela polas vítimas do naufraxio do pesqueiro galego