Como vén sendo habitual na véspera da Solemnidade do Apóstolo Santiago, o arcebispo compostelán, monseñor Francisco José Prieto Fernández, presidiu hoxe a reunión dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago.
Estiveron presentes o bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco; o bispo de Ourense, monseñor José Leonardo Lemos Montanet; e o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, mons. Fernando García Cadiñanos, e o de Tui-Vigo, monseñor Antonio José Valín Valdés, que asiste por primeira vez tras a súa ordenación episcopal do pasado sábado e toma de posesión como titular da Sede Tudense.
No encontro, celebrado no Arcebispado compostelán, tratáronse asuntos de interese común para as dioceses galegas. Tamén asistiu o secretario da Provincia Eclesiástica de Santiago, o sacerdote José Andrés Fernández Farto.