Preparativos para a Xornada Diocesana de Nenos e Familias

  • Celebraráse o 1 de maio no colexio La Salle de Santiago
  • Actuará o grupo Valiván

As delegacións de Infancia e Mocidade, Catequese e Familia e Vida comezaron a preparar a tradicional xornada Diocesana de Nenos e Familias que cada ano se celebra o 1 de mayo, coincidindo coa Festa do Trabajo. Esta edición, a número 6 que se celebra de forma conxunta, desenvolverase baixo o lema “Porque a esperanza existe”, en liña co Ano Xubilar romano da esperanza.

Nesta ocasión adiantarase en media hora a acollida dos asistentes, que será ás 10:30 h. Ás 11h, no gran salón de actos do colexio dará a benvida o arcebispo compostelán, mons. Francisco José Prieto. A continuación, pais e nenos asistirán todos xuntos a unha actuación do grupo Valiván, coñecido polos seus produtos audiovisuais de contido cristián.

Daquela os asistentes dividiranse en grupos para participar nos once obradoiros previstos. Os pais terán a súa propia actividade, preparada pola delegación diocesana de Familia e Vida. Os nenos repartiranse por un total de once obradoiros aínda por confirmar.

Despois do xantar, que será ás 14 horas, os nenos terán un momento de xogos e os pais un café coloquio sobre o tema abordado pola mañá. A continuación, os asistentes peregrinarán ata a catedral para asistir á eucaristía, ás 17 horas, presidida polo noso arcebispo.

Como sempre, a xornada diríxese dun modo especial aos pais e aos nenos de terceiro a sexto de Primaria (de 8 a 12 anos), acompañados dos seus párrocos, catequistas ou profesores. Pedirase ás familias unha achega simbólica de 1 euro por participante para colaborar nos gastos do encontro.

Previous articleA súa Maxestade o Rei recibiu en audiencia ao arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández
Next articleRetiro de Coresma co Arcebispo