- O arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, participará na sesión inaugural.
O Santuario da Nª Sra. da Xunqueira e a súa Unidade Pastoral serán sede da 72 Semana Mariolóxica que organiza anualmente a Sociedade Mariolóxica Española e que o ano pasado tivo lugar en Ronda.
O tema do congreso nacional deste ano é: «María e a feminidade á luz da carta apostólica de San Xoán Paulo II Mulieris dignitatem» e terá lugar do 29 de agosto ao 1 de setembro de 2023.
Tras 56 anos este congreso volve realizarse en Galicia; en 1965 a semana número 24 realizouse en Santiago de Compostela e dous anos despois Ourense sería a sede da Semana Mariolóxica número 26.
Tras coroarse a Patroa da Parroquia de Cee, o pasado 1 de maio e unha vez finalice este mes de agosto a súa Solemne Novena (6 -14) e festa patronal (15 e 16); aos pés da Virxe da Xunqueira Coroada terá lugar a edición número 72.
Inscripción:
https://unidadpastoraldecee.com/congreso-mariano/
Programa:
https://unidadpastoraldecee.com/congreso-mariano/