Con motivo del 525º aniversario da Real e Ilustre Confraría Numeraria do Rosario de Santiago de Compostela, a cidade acollerá os próximos días 3 e 4 de outubro o Congreso Mariano “O Rosario, camiño de esperanza”, un encontro que reunirá a fieis, estudosos e confrades ao redor da devoción mariana e a súa proxección espiritual e cultural ao longo dos séculos.
O programa do congreso incluirá conferencias, mesas redondas e actos litúrxicos nos que se reflexionará sobre a actualidade do rezo do Rosario e o seu papel como camiño de fe e esperanza. Ademais, destacarase o labor histórico da Confraría do Rosario, fundada en 1500, unha das institucións relixiosas máis antigas da cidade compostelá e de gran arraigamento popular.
A cita, organizada pola propia Confraría coa colaboración da Arquidiocese de Santiago, pretende ser non só unha celebración do pasado, senón tamén unha invitación para renovar a vivencia comunitaria e espiritual en torno ao Rosario no presente e de fronte ao futuro.
Máis información:






