O arcebispo presidirá este domingo na Catedral a cerimonia de Ordenación Sacerdotal de tres seminaristas

O vindeiro domingo, día 4 de xullo, terá lugar a Ordenación Sacerdotal de tres seminaristas na S.A. M.I. Catedral de Santiago de Compostela. O arcebispo de Compostela, monseñor Julián Barrio, presidirá esta Eucaristía de ordenación presbiteral de Juan Sanjurjo Arias, Carlos Camiño Lema e Javier Carballo Mouzo.

A cerimonia terá lugar a partir das 18:00 horas.

Previous articleMonseñor Barrio: “Teño moi presentes aos que perderon a súa vida faenando no mar e ás súas familias”
Next articleO bispo auxiliar preside unha nova reunión da Comisión Diocesana do Ano Santo Compostelán