O arcebispo no Congreso Eucarístico Nacional de Braga

O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, está a participar no V Congreso Eucarístico Nacional que se está desenvolvendo en Braga, Portugal, do 31 de maio ao 2 de xuño de 2024. O tema central é: “Compartir o Pan, alimentar a Esperanza – Recoñecelo ao partir o pan” (Lc 24, 35).

Este evento conmemora o centenario do primeiro Congreso Eucarístico Nacional, que tamén tivo lugar en 1924 na mesma cidade.

 

Previous articleRenovación dos membros do Consello Presbiteral e do Colexio de Arciprestes
Next articleMons. Francisco Prieto: "Non hai vida sen Eucaristía, pero non hai Eucaristía sen vida”