Nunha carta dirixida aos sacerdotes da Arquidiocese de Santiago de Compostela, o Vigairo Xeral, José Andrés Fernández Farto, infórmalles que o Consello presbiteral e o Colexio de arciprestes terminaron a súa vixencia actual, sendo necesaria para a súa renovación, realizar xa as correspondentes eleccións e propostas.
Para iso, nos próximos días os sacerdotes recibirán o material correspondente para proceder a elixir ou facer a proposta de nomes para os novos nomeamentos,
Anímase aos convocados a participar activamente nestes procesos. Rógase que obrando con responsabilidade e buscando o ben pastoral da diocese, se avance no camiño dun mellor servizo pastoral á Igrexa que nos foi confiada.
Decreto: convocatoria presentación de propostas para arciprestes (PDF)
Decreto: Composición e elección de membros do Consello Presbiteral (PDF)
Normativa para facer a proposta de nomes para arciprestes (PDF)