No marco das celebracións do Día de Galicia, o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, asistiu hoxe venres á solemne cerimonia de entrega das Medallas de Galicia.
O acto, que tivo lugar en Santiago de Compostela, reuniu a salientables autoridades civís, relixiosas e representantes da sociedade galega para render homenaxe a persoas e institucións que contribuíron de xeito exemplar ao desenvolvemento e prestixio de Galicia.
Na edición deste ano recoñecéronse a Claudia Álvarez, empresaria arxentina de orixe galega, que preside o grupo Álvarez Argüelles Hoteis; a fiscal xefa de Menores no cantón suízo de Argovia, Beatriz Gil; Carla Angola, filla dunha ourensá exiliada tras a guerra civil española, e hoxe “unha das xornalistas máis influentes de Venezuela”; e a odontológa Camila Fernández, unha das profesionais máis relevantes neste campo no Brasil.






