Hoxe mércores, 24 de abril ás 19:30hs, presentouse no Instituto Teolóxico Compostelán, baixo a presidencia do Arcebispo de Santiago de Compostela, Monseñor Francisco Prieto Fernández, o Informe Liberdade Relixiosa no Mundo 2023 ILR.
En primeiro lugar interveu José María Gallardo Villares, Director da Fundación Pontificia “Axuda á Igrexa Necesitada” en España, quen revelou que a persecución por causa da fe agudizouse e tamén aumentou a impunidade: en 61 dos 196 países do mundo, segundo este Informe. E tamén informou que a persecución por motivos relixión está presente no 14% destes mentres que no 17% hai discriminación pola fe.
Nun segundo momento, o P. Naim Shoshandy, sacerdote iraquí que tivo que sobrevivir nun campo de refuxiados, ofreceu o seu testemuño de Iglesia perseguida e contou como a súa fe foi a súa táboa de salvación.
Finalmente o arcebispo de Santiago agradeceu a presenza e o traballo de Axuda á Igrexa Necesitada e de como os seus testemuños supoñen un interrogante para os cristiáns. Mons. Francisco Prieto destacou que falar e mencionar palabras como liberdade e vida, levan ao centro mesmo da pegada de Dios en cada ser humano. Afirmou que “O cristián ou é un mártir ou non será nada. E con isto quero dicir que o cristián e o cristianismo ten que ser por esencia martirial, é dicir, ser testemuñal”.
Axuda á Igrexa Necesitada ha lanzado a campaña pola Liberdade Relixiosa, ‘Crer é o teu Dereito’ para crear conciencia sobre este dereito que é violado nun terzo dos países do mundo. A Liberdade Relixiosa implica que estean garantidas o resto de liberdades fundamentais nun estado de dereito. Con esta campaña ACN quere salientar na protección e defensa a día de hoxe, deste dereito humano de todas as persoas e para todos os credos. Por iso, fai un chamamento para que todo o mundo únase na web creerestuderecho.es.
Axuda á Igrexa Necesitada quere xerar unha reflexión sobre a importancia do dereito á Liberdade Relixiosa e contribuír á súa protección, así como dar a coñecer as conclusións do Informe Liberdade Relixiosa no Mundo 2023.
O Informe de Liberdade Relixiosa no Mundo 2023 revela que a persecución por causa da fe agudizouse e tamén aumentou a impunidade. En 47 dos países máis perigosos a situación da liberdade relixiosa ha empeorado nos dous últimos anos e en 36 países, de cando en cando ou nunca os atacantes son procesados pola xustiza. Un 62,5 da poboación mundial, case 4900 millóns de persoas das que, viven en países con violacións graves ou moi graves á liberdade relixiosa. Segundo o Informe 2023, as comunidades de crentes minoritarias están cada vez máis asfixiadas e en moitos casos, corren perigo de extinguirse.