A parroquia de Nosa Señora de Fátima de A Coruña celebrou onte, 13 de maio, a festividade da súa patroa cunha Misa solemne ás 19.30 horas, oficiada polo arcebispo, mons. Francisco Prieto, que tamén presidiu a procesión dos fachos que seguiu á celebración.
A comitiva coa imaxe da Virxe percorreu varias rúas da zona acompañada de numerosos devotos.






