Mons. Julián Barrio na Congregación para os Bispos: "Os afastados deben ser a nostra preocupación"

Logo da Misa na Basílica Pontificia de san Xoán de Letrán, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Julián Barrio interveu esta mañá na Congregación para os Bispos, dentro da segunda xornada da Visita ad limina que realizan os bispos da Provincia eclesiástica de Santiago xunto coas de Oviedo, Burgos, Pamplona e Tudela e Zaragoza.

O arcebispo indicou que “non podemos quedarnos en ser programadores intelixentes aténdonos ao puramente funcional, senón que debemos implicarnos no que facemos, sabendo que o ministerio é fonte de amarguras e tamén de gozo”.

Mons. Barrio engadiu: “pídesenos a prudencia que é buscar e actuar conforme á verdade e que esixe a razón humilde e disciplinada”.

Mañá mércores, o prelado compostelán, logo da Misa na Basílica Pontificia de Santa María a Maior, intervirá no Dicasterio para o servizo do Desenvolvemento Humano Integral e posteriormente na Congregación para o Clero.

Previous articleVisita ad limina do arcebispo mons. Julián Barrio e o seu auxiliar no Vaticano
Next article“Preocuparse pola persoa humana e coidar a creación ten un referente no ministerio episcopal que se nos confiou”, palabras de mons. Barrio no Dicasterio para o Servizo do Desenvolvemento Humano Integral