Mons. Francisco Prieto presidiu en Carballo a Festa da Virxe da Milagrosa

  • Numerosos devotos da Virxe participaron na Eucaristía en honra da Virxen Milagrosa.
  • Mons. Prieto bendiciu o Via Crucis colocado no patio da Capela.
Carballo viviu este primeiro domingo de setembro unha xornada de fervor e devoción coa celebración da Festa da Milagrosa, como así o demostrou ao longo de toda a Novena.
O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco Prieto, presidiu a Eucaristía en honra da Virxe da Milagrosa, concelebrada polo párroco José García Gondar, así como polo P. Plácido, Eduardo Puga e José Cambón.
Na homilía, D. Francisco convidou os devotos e asistentes á cerimonia eucarística a descubrir a Virxe María e abrirlle o corazón, destacando que a grandeza está no corazón que sabe descubrir, desde a fe, que aquel que está á beira de cada un, tamén é irmán en Cristo.
O arcebispo de Santiago aludiu a aquela palabra de María nas vodas de Caná, “Facede o que El vos diga”, para convidar a todos tamén a facer vida do Evanxeo e da fe que se celebra.

 

O alcalde carballés, Evencio Ferrero, e os representantes de goberno municipal tamén se sumaron á celebración da Milagrosa, na que participou tamén a Coral de Bergantiños.

Ao finalizar a Eucaristía tivo lugar a tradicional procesión coa imaxe da Milagrosa e do Cristo polas rúas próximas á Capela, adornadas coas alfombras florais.

 

Previous articleClausura do Centenario de A Grande Obra de Atocha
Next articleO arcebispo recibe os peregrinos, mocidade voluntaria de Cáritas