As Fillas da Natividade de María celebran coa presenza de don Julián as súas vodas de ouro de primeiros votos e votos perpetuos

O arzobispo, monseñor Julián Barrio, presidiu este luns na Grande Obra de Atocha unha Eucaristía na que distintas integrantes do Instituto Secular “Fillas da Natividade de María” celebraban as súas vodas de ouro de votos perpetuos e dos seus primeiros votos.

Así, Sara Carril Sanmiguel, Vitoria Eugenia Pérez Cancelo, Isabel García Rúa e Pilar Carro Carreira, en Venezuela, celebraban as súas Vodas de Ouro de Votos Perpetuos.

Á súa vez, Lolita Carril Sanmiguel e Mercedes Fernández García celebraban as Vodas de Ouro dos seus Primeiros Votos.

Como se sabe, o fundador deste Instituto Secular e da Grande Obra de Atocha foi o sacerdote diocesano Don Baltasar Pardal, cuxa causa de canonización, tras ser declarado Venerable, segue adiante.

Don Baltasar Pardal Vidal, nace en Santa Cristina de Fecha (A Coruña), o 18-08-1886;  morre na Coruña, 03-03-1963. Fundador das Escolas de “A Grande Obra de Atocha” e do Instituto Secular “Fillas da Natividade de María”.-1963.

Previous articleRenuncia canónica
Next articlePrimeira reunión de vigairos, arciprestes e delegados co arcebispo e o seu auxiliar para preparar o próximo curso pastoral