- O encontro diocesano celebrouse na parroquia de San Xulián con xogos, testemuños e Eucaristía
- A xornada puxo en valor o compromiso misioneiro desde a infancia
Fátima Noya, destacou a importancia deste primeiro encontro diocesano da Infancia Misioneira na Illa de Arousa e subliñou a boa acollida da parroquia anfitrioa.
Noya lembrou que os nenos poden aprender a ser misioneiros desde moi pequenos e sinalou que, en moitas ocasións, eles mesmos convértense en exemplo para os adultos no compromiso eclesial. Así mesmo, informou de que a celebración coincidiu coa culminación da Semana da Familia en Pontevedra.
O encontro concluíu ás 19:00 horas coa celebración da Eucaristía, presidida polo arcebispo de Santiago, mons. Francisco José Prieto Fernández, quen animou aos nenos e ás súas familias para descubrir que todos están chamados a ser misioneiros na súa vida cotiá.
Durante a súa homilía, o prelado insistiu en que a misión non depende da idade e que tamén os máis pequenos poden ser protagonistas na súa casa, na familia e na parroquia. Lembrou que a felicidade cristiá está unida ás benaventuranzas e concrétase en axudar aos demais, ser misericordiosos, traballar pola xustiza e coidar uns doutros.
O arcebispo convidou os presentes a vivir a fe con xestos sinxelos de agarimo, proximidade e coidado, e a entender que a vida de cada persoa é unha misión que se vive con alegría e compártese cos demais. Segundo sinalou, esa vivencia cotiá do amor, a solidariedade e a fe é xa unha forma de anunciar o Evanxeo.
Con este encontro, a diocese reforzou a proposta da Infancia Misioneira de axudar aos nenos para descubrir que cada xesto diario pode ser unha maneira concreta de levar a luz do Evanxeo aos demais, fomentando desde a infancia a solidariedade, a oración e o compromiso misioneiro.










