Despois do vivido na Peregrinación Europea da Mocidade 2022 este verán, a mocidade está desexando ir por máis e participar na Xornada Mundial da Mocidade de Lisboa 2023. Desde a diocese de Santiago de Compostela propoñémosche o seguinte planning de peregrinación:
26 xullo. Saída de Galicia e chegada a AVEIRO
27- 31 xullo. AVEIRO – Participaremos nos Días na Diocese acollidos en familia, gozaremos de actividades a nivel parroquial e de arciprestado, teremos tempo libre para coñecer o lugar, a cultura, a mocidade da “Venecia portuguesa”, ir á praia… Xa estes días encontraremonos con xente de todo o mundo.
31 xullo. LISBOA – Participaremos no Encuentro de Españois.
1-6 agosto. LISBOA – Seremos parte deses centos de miles de mozos que se encontrarán co Papa Francisco na Xornada Mundial da Mocidade.
6 agosto. Saída para COÍMBRA – De camiño á casa teremos dous días de convivencia entre nós e cos demais mozos galegos para repousar todo o vivido.
8 agosto. Chegada á casa.
O prezo total da viaxe son 495€, que se poden pagar en tres prazos:
- Antes do 15 de febreiro de 2023: 95 €
- Antes do 15 abril de 2023: 200 €
- Antes do 1 de xuño de 2023: 200 €
Pódese realizar o ingreso na seguinte conta:
ES21 2080 0348 3530 0005 2547
Concepto: Nome e apelidos + JMJ Lisboa 2023
Beneficiario: Arcebispado de Santiago de Compostela.
Para poder custearnos a viaxe, a mocidade de Santiago organizarémonos para conseguir o diñeiro necesario, para que ningunha persoa quede sen participar por motivos económicos.
Pouco a pouco iremos publicando máis detalles. Se queres participar, podes inscribirte no seguinte formulario antes do 1 de xuño, día en que se pechará a inscrición.












