Este sábado, 20 de abril, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, bendixo a nova Casa Reitoral, “Casa San Luís Guanella”, na Parroquia de Fisterra.
Os Padres Guanelianos, que levan catorce anos na Diocese compostelá con dúas comunidades pastorais, unha en Arca do Pino e outra en Fisterra, atenden a parroquias e, de forma especial, dedícanse á evanxelización dos Peregrinos do Camiño de Santiago. Concretamente, na zona de Fisterra encárganse das Parroquias de Fisterra, Pereiriña, Sardiñeiro, San Vicente de Duio, San Martín de Duio, e provisionalmente Muxía.
Á bención desta nova Casa Reitoral asistiron, ademais dos 3 Pais Guanalianos de Fisterra, os Pais de Arca e o Superior do territorio europeo, o Pai Fabio Pallotta, residente tamén na Diocese.