Homenaxe da familia de COPE a D. Julián

A familia de COPE mantivo este mediodía unha comida de confraternidade con monseñor Julián Barrio para agradecerlle a súa dedicación e bo facer todos estes anos á fronte da Arquidiocese de Santiago.

Tanto o director de COPE Galicia, Javier Maroño, como a directora de COPE na provincia de Pontevedra, Belén Zapata, dedicáronlle unhas sentidas palabras de recoñecemento ao seu labor de 30 anos de ministerio episcopal e agradecéronlle o seu apoio, proximidade e confianza.

Pola súa banda, monseñor Julián Barrio recoñeceu sentirse moi querido por todos durante este tempo. E asegurou que na súa nova etapa “botaranos de menos”

Previous articleCharla de D. Francisco Prieto en Cambre sobre a Unión de Enfermos
Next articleMons. Julián Barrio preside a celebración de san Xoán de Ávila recordando o valor inmenso do sacerdocio