Encontro de D. Francisco con universitarios de Xaén

A Pastoral Universitaria organizou desde Xaén unha peregrinación a Santiago de Compostela para que, os mozos universitarios desta Diocese, poidan vivir unha experiencia única como é o Camiño de Santiago.

Un centenar de mozos e universitarios iniciaron o Camiño o 23 de xullo acompañados polo seu bispo, mons. Sebastián Mozo Martínez, o Delegado de Pastoral Universitaria Juan Pedro Moya, e outros sacerdotes diocesanos.

Hoxe, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, tivo un encontro con estes mozos e presidiu unha Eucaristía na igrexa de San Francisco de Santiago.

Previous articleRvdo. Sr. D. JOSÉ ORTOÑO FUENTES
Next articleArcebispado de Santiago e Abanca subscriben un convenio financeiro