Os delegados da Pastoral Xuvenil das dioceses de toda Galicia déronse cita este mércores en Lugo para celebrar unha reunión de traballo presidida polo bispo lucense, monseñor Alfonso Carrasco.
Durante o encontro, os responsables diocesanos fixeron balance da recente peregrinación a Roma con motivo do Xubileu da Mocidade, así como doutras actividades desenvolvidas ao longo do ano.
Ademais, abordouse a programación e organización do próximo curso pastoral, co obxectivo de reforzar a coordinación entre as distintas delegacións e promover novas iniciativas dirixidas á mocidade galega.
A reunión concluíu cun intercambio de propostas e compromisos para seguir impulsando a participación xuvenil na vida da Igrexa en Galicia.












