Cáritas Diocesana de Santiago transforma vidas cunha visita ao Pórtico da Gloria para persoas en situación de exclusión social

Cáritas Diocesana de Santiago, a través do Centro de Atención Social Continuada (CASC) Vieiro, fixo posible que un grupo de dez persoas en situación de exclusión social descubrisen un dos tesouros máis emblemáticos da cidade, o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago.

Esta visita guiada xurdiu como resposta ás numerosas peticións das persoas usuarias do CASC Vieiro, que desexan coñecer e gozar dos espazos turísticos da cidade aos que habitualmente non acceden debido a barreiras económicas e sociais.

As persoas participantes, todas maiores de idade cunha idade media de 42 anos, proveñen de diversas orixes: India, Magreb, Romanía, México e España. Enfrontan situacións complexas como dificultades administrativas, problemas de saúde mental ou física, adiccións, pobreza e soidade non desexada.

Previous articleEncontro Interdiocesano de Pastoral Xuvenil
Next articleA basílica de Santa María a Maior de Pontevedra recupera o seu esplendor tras unha restauración histórica