A Delegación do Laicado da Arquidiocese de Santiago convoca aos responsables de movementos e asociacións laicales a unha REUNIÓN-ENCONTRO de inicio de curso pastoral o sábado 28 de setembro, na Casa de Exercicios Espirituais de Santiago, de 10:30 a 12:30 h.
Neste encontro informarase da programación deste curso pastoral 2024-2025, as datas sinaladas, tanto de actividades propostas pola Delegación do Laicado, como a nivel da Diocese. E os responsables dos movementos e asociacións laicales tamén compartirán as súas programacións para este curso.












