O pasado martes, día 12 pola mañá, o arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto, visitou o colexio Peleteiro. Acompañado polo director do centro, D. Luis Peleteiro, e D. José Antonio Castro Lodeiro, o arcebispo tivo a oportunidade de atoparse co alumnado de 2° e 3° de ESO no salón de actos do colexio.
Durante unha hora, monseñor Francisco falou cos estudantes das materias de Relixión Católica e Proxecto Competencial, sobre Santiago como cidade universal e meta de peregrinos, e respondeu as preguntas que lle formularon. A visita foi organizada por Judith Lucachesky, profesora de Relixión do centro.