- A Comisión de Ecumenismo organiza un ano máis os actos de oración para a Semana pola Unidade dos Cristiáns
Como cada ano, a Comisión de Ecumenismo da Arquidiocese compostelá, que dirixe o sacerdote Francisco Javier Buide do Real, organiza distintos actos para celebrar a Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns, un acontecemento que dará comezo o próximo día 18 de xaneiro. Con este motivo, o arcebispo, monseñor Julián Barrio, escribiu unha carta na que indica que “habemos de seguir afrontando o traballo ecuménico desde a humildade de quen sabe que sen Jesús non podemos facer nada, dando pasos para que haxa un só rabaño e un só pastor e @teniendo en cuenta que somos uns pobres servos e oxalá fagamos o que temos que facer”.
Na mesma carta, o arcebispo sinala que “neste ano Santo Compostelán que iniciamos, pidamos co patrocinio do Apóstolo Santiago, testemuña do rogo de Jesús na última Cea, que non aforremos esforzo pola nosa banda para colaborar na unión dos cristiáns coa oración e co noso testemuño cristián”.
Para celebrar este tradicional octavario, a Comisión de Ecumenismo remitiu a todos os sacerdotes, carteis, a carta do arcebispo, un folleto cunha reflexión e oración para cada día, materiais para a liturxia dominical e un suplemento de información ecuménica.
A Comisión de Ecumenismo diocesana lembra que, “como se sabe, a festa de san Pablo en xaneiro, a súa conversión, o día 25, é referencia para todos os cristiáns das diversas familias, confesións, comunidades e igrexas. Nunha sociedade cada vez máis plural relixiosamente, pero tamén secularizada, lémbranos o patrimonio común pasado pero tamén presente dos cristiáns, como un don común pero tamén unha misión e un don para o resto da sociedade”.
A comisión diocesana explica, tamén, que “nestes tempos tan necesitados de esperanza e entrega, caridade para os cristiáns, convidamos a visibilizar a nosa fe como agasallo común nas diversas celebracións, comunidades, oración persoal, pero tamén en tres encontros que, aínda que condicionados á seguridade e saúde, non deixaremos de ter, na Coruña, Santiago e Pontevedra”.
As datas de convocatoria son as seguintes, sempre respectando aforos, medidas de hixiene, e confinamentos vixentes cada día, pero sen deixar por iso de dar visibilidade á oración pola unidade, e convidar a cada comunidade para facelo.
- Carta arzobispo
- Semana Unidad 2021- Folleto Oración Diaria
- Cartel Semana Oracion-Unidad-Cristianos en castellano
- Cartel en gallego
LUNES 18 DE ENERO DE 2021
20:00 h PONTEVEDRA ciudad
Igrexa da Virxe do Camiño
Iglesia de la Virgen del Camino
Rúa Casimiro Gómez s/n.
Pontevedra – 36002
MIÉRCOLES 20 DE ENERO
20:00 CORUÑA ciudad
Igrexa de san Xurxo
Iglesia de san Jorge
Rúa Pío XII 19. A Coruña – 15001
VIERNES 22 DE ENERO DE 2021
20:30 SANTIAGO
Igrexa de san Fernando
Iglesia de san Fernando
C/ San Pedro de Mezonzo 26bis
(Iglesia grande, no en la Cripta de c/ República Argentina 27)
Santiago de Compostela – 15701