Ás 11:40hs. iniciábase a procesión do Cabildo catedralicio ata o Altar Maior onde ás 12:00hs. o arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, acompañado por numerosos cóengos daba comezo a Misa estacional do Nadal.
O Cerimonial dos Bispos sinala que a Misa Estacional é “a principal manifestación de la Iglesia local” ao celebrar o bispo a Eucaristía na Catedral “rodeado polo seu presbiterio e os ministros, con plena e activa participación de todo o pobo santo de Dios”, (artigo 119 do Cerimonial dos Bispos). O Cerimonial tamén indica que esta forma de celebrar a Misa debe asignarse ás maiores solemnidades do ano litúrxico, como a Natividade do Señor.
Na homilía de hoxe, mons. Prieto destacou que “Hoxe é Nadal: a esperada noticia que pregoaba o Advento hoxe faise encontro e resposta”. E engadiu: “O Deus que vén nun Neno pequeno e fráxil é a realidade dun Amor e Palabra que se fai carne e vida na nosa historia. Hoxe é Nadal”.
D. Francisco terminou a súa reflexión con estas palabras: “Desexo e pido que agradezamos con gozo ao Señor que de novo consola ao seu pobo. Que a alegría desta Boa Noticia asolague vosas vidas, as vosas familias, a cada unha dás comunidades e parroquias dá nosa Igrexa diocesana, e sexamos así testemuñas do Nacemento do Salvador nos nosos pobos e cidades”.